Introducción
  Obxectivos     Metodoloxía     Contidos     Banco de datos     Bibliografía     Contacto     WEB CCSS MONTOJO     Reseñas  
Xeral:
Home page

Introducción

A tese básica de Victoria Camps no seu libro titulado O século das mulleres é que, a pesar de que o século XX pode ser considerado o século da revolución tecnolóxica, das guerras mundiais, da globalización, etc., porén, se tivesemos que escoller un acontecemento único e irrepetible polo que puidesemos caracterizalo, este sería sen dúbida a conversión de media humanidade en individuos humanos de pleno dereito. O advenimento dos dereitos, ben é certo que só nun principio en Occidente e dun xeito lento e difícil, das mulleres e o seu recoñecemento pleno, foi sen dúbida un acontecemento irrepetible dende un punto de vista histórico e social.

No noso país este acontecemento pode ser estudado dun xeito privilexiado a través dos distintos cambios lexislativos que, sobre todo, no ámbito do dereito civil e político-constitucional fóronse tecendo e destecendo durante todo o século XX.

A materia de historia contemporánea no bacharelato ten como finalidade principal a análise, comprensión, e valoración das distintas fontes históricas; así como desenvolver nos alumnos o interese e a sensibilidade –contidos transversais- por certos temas que consideramos fundamentais para a súa formación como persoas e como cidadáns. Un destes temas cremos que é o desenvolvemento do espirito democrático a través da historia constitucional de España que se estuda en 2º de bacharelato, e moi especialmente os dereitos das mulleres o longo do proceso constitucional como cidadás de pleno dereito. É importante que o alumno comprenda este proceso para poder acadar unha formación e enriquecimento cultural.

O proxecto que aquí se presenta baséase na elaboración de materiais curriculares para o bacharelato que reforcen os obxectivos expostos anteriormente. Estes materiais deberán ser aplicables no só na materia de Historia Contemporánea de 2º, senón tamén nas diversas materias do departamento de ciencias sociais, debido a que afectan a contidos curriculares de carácter transversal, que forman parte do deseño xeral das ciencias sociais ao longo de todos os niveis, en la medida en que a formación en os valores da igualdade e a non discriminación debe ser un obxectivo de todo o proceso educativo.

Neste proxecto non pretendemos reescribir os textos dispoñibles, senón enriquecer algúns apartados e contidos dos extensos programas de Historia, principalmente, cunha serie de planteamentos, guías e actividades que partan dunha visión máis ampla dos acontecementos históricos e dos seus protagonistas.

No desenvolvemento dos contidos teóricos podémonos apoiar na ampla bibliografía existente e adaptala á etapa, mais o realmente complicado en bacharelato é abordar estes contidos dende procedementos e estratexias didácticas (uso das novas tecnoloxías da información, TIC) cun nivel adecuado á etapa e de interese para o alumno. As estratexias deberán ir dadas polos obxectivos do proxecto xa especificados no correspondente apartado.

Por último, espérase que os materiais resultantes deste traballo de investigación sirvan como base, axuda e apoio para a súa aplicación na aula, o que, sen dúbida, debe ser o fin último de todo proxecto de innovación educativa.


Palas Partenos, Fidias


Printer-friendly version